Tuesday 14 de May de 2024

O Concello de Brión sumarase este sábado á iniciativa “A hora do planeta”


O Concello de Brión sumarase este sábado 19 de marzo á campaña “A hora do planeta”, unha iniciativa global en defensa do medio ambiente que a organización ecoloxista WWF pon en marcha cada ano para alertar dos efectos do cambio climático no noso planeta e a obriga de actuar coa maior celeridade.

Así, facendo boa a lenda da campaña deste ano “Apaga a luz e cambia polo clima”, o Concello de Brión apagará o seu alumeado público nas parroquias dos Ánxeles e de Brión entre as 20:30 a 21:30 horas deste sábado. Iolanda Bouzas, tenente de alcalde do Concello de Brión, explica que “se trata dun apagado simbólico que faremos unicamente nas parroquias dos Ánxeles e Brión para evitar causar molestias nas festas parroquiais que se celebran co gallo do Día de San Xosé”.